Peixe mariño da familia dos espáridos, co corpo alongado e comprimido lateralmente, ollos grandes e brandos, de cor rosada nos costados e no ventre e cunha mancha escura onda as aletas laterais, moi apreciado pola súa carne branca e saborosa
Etimoloxía
Palabra formada cos termos "ollo", do latín oculum máis o adxectivo "mol", do latín mollem.
Exemplos *
“Graciano aprendéralle a Blas moi ben o seu oficio, mesmo a desespiñar un ollomol ó forno sen derramar sequera fose unha pinga de salsa enriba do ombreiro dos oficiais ou dos lombos dos pasaxeiros máis elegantes e refinados, aínda estando no medio dos peores balanceos.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995).
“Diante dun ollomol ao forno, espléndido de guarnición e ben servido, fixo un esforzo, pero non conseguiu pasar de dous bocados.” (Carlos Casares: Ilustrísima, 1980).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.