ómnibus

Vehículo automóbil de gran capacidade utilizado para o transporte colectivo de pasaxeiros

Etimoloxía

Termo que se orixina no francés voiture omnibus, aínda que remite ao latín omnibus ‘para todos’.

Exemplos *

“(...) Antón mareouse de tal maneira que tiveron que baixalo do ómnibus para que recobrara o sentido e a respiración (...)” (Borobó: A Nosa Terra, 24-10-2002)

“Estivo un bo anaco sentado diante da taberna de Herminio antes de que chegase o ómnibus.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.