Médica ou médico especialista en oncoloxía
Etimoloxía
Voz neolóxica tomada do inglés que se forma co prefixo grego onko- ‘masa’, en ciencia ‘masa canceríxena’ ao que se lle engade a terminación -logo, de orixe similar, que significa ‘razoar’.
Exemplos *
“Someteuse a quimioterapia, foi operada e de novo quimioterapia, logrando empezar 2023 sen cancro mais cunha advertencia da súa oncóloga: cada cinco meses, revisión e TAC (proba con raios X).” (X.M.P: Nós Diario, 13-5-2024)
“A oncóloga subliña a necesidade de expandir a detección temperá. A OMS engade a importancia da prevención: entre o 30 e o 50 % dos cancros poden previrse adoptando hábitos saudables.” (Axencia SINC: GCiencia, 5-3-2025)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


