Golpe dado pola onda / Sucesión de ondas
Etimoloxía
Voz derivada sobre “onda” que, á súa vez, vén do latín unda de significado semellante.
Exemplos *
“Estamos perante unha costa aberta ao incansábel mar de fondo que bate desde o noroeste, una terra de pequenas aldeas que ollan cara ao interior e viran as costas á ondada que rompe ao pé dos farallóns.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 3-8-2012)
“A preocupación centrábase onte en terra á hora de comprobar os danos da fortísima ondada, pero tamén nas condicións nas que quedarán os bancos de marisqueo, segundo apuntaron desde varias confrarías de pescadores do norte.” (Redacción: Galicia Hoxe, 11-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.