ondina

Ser fantástico feminino das mitoloxías xermánica e escandinava que habitaba nas augas.

Etimoloxía

Veu do francés, pero a súa orixe parece estar nunha forma creada en latín por Paracelso, undina, tomando como base unda –ae ‘onda’.

Exemplos *

“Cun movemento de ondina, Antía ascendeu cara a tona das augas …” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

“… teñen xuntas nos claros do bosque as dríades, as lavandeiras, as fadas feiticeiras, os trasgos, os gnomos, as ninfas náiades e ondinas, as nereidas e mailos elfos.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.