oneroso, -a

Que impón cargas ou causa un gran dispendio de diñeiro.

Etimoloxía

O étimo desta forma é o latín onerosus, -a, -um 'pesado, indixesto, gravoso', derivado da forma onus, -eris 'carga'.

Exemplos *

"Tal e como poñen de manifesto Baudelot e Establet, "desigualdades sociais e rendibilidade escolar atópanse indisolublemente ligadas no noso país onde é menos oneroso fabricar intelectuais con fillos de intelectuais que con fillos de obreiros ou de campesiños"." (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia)

"A maiores estas xentes semellaban ter unha bula especial, pois non parecían estar afectados pola Matrícula do Mar, tan onerosa para os mariñeiros galegos." (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.