onza

Cada unha das porcións en que se divide unha barra de chocolate

Etimoloxía

Voz que chega desde o latín uncia.

Exemplos *

“Enchíao todo de papeis rotos que recompoñía despois en fermosas imaxes, como estaba a facer co mural. Rompía, por exemplo, o papel de prata que recubría as onzas de chocolate e facía xoias efémeras coas que adornaba o corpo.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

“O territorio da súa infancia está debuxado en ocres, verdes, violetas, poboado de castiñeiros e vides. Leite fresco que fervía tres veces a súa nai para escorrentar o frío intenso do interior, resistente á felpa e á cociña de leña. Unha onza de chocolate, un rosco e ... á escola !” (Paz Raña Lama: A Nosa Terra, 29-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.