Drama musical enteiramente cantado, que pode incluír algunha parte recitada e que se representa con acompañamento de orquestra e coros / Teatro onde se representan habitualmente este tipo de obras
Etimoloxía
Vocábulo que tomamos do italiano opera, e este vén do latín opĕra 'obra'.
Exemplos *
“–Mais, só hai nestas noites ese tipo de evasión ?
–Están os teatros, as óperas..., tamén cheos de afeccionados e de figurantes.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
“Sen dúbida, un dos acontecementos líricos máis significativos entre os rexistrados neste escenario foi a estrea, o 31 de maio de 1929, dunha das óperas galegas, escasísimas, obra na que a parte musical era da autoría do coruñés Eduardo Rodríguez Losada.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.