optimización

Acción e efecto de optimizar

Etimoloxía

Neoloxismo creado a partir de “óptimo” que vén desde o latín optimus ‘excelente’.

Exemplos *

“O traballo (...) incluirá un cadro-resumo dos investimentos, aforros e períodos de retorno das medidas propostas e se proporán unha serie de melloras de deseño e operación conducentes a unha diminución ou optimización do consumo.” (redacción: O Correo Galego, 25-2-1995)

“(...) avaliar os beneficios e efectividade desa cooperación , en termos de complementariedade, aproveitamento de oportunidades, optimización de recursos, competencia produtiva, etc.” (Rosario Álvarez Blanco: Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.