Persoa que pronuncia discursos, conferencias etc., ou que fala en público, en particular coa intención de convencer aos que a oen
Etimoloxía
Palabra que nos remite á latina orator que significaba ‘orador’, ‘deputado’.
Exemplos *
“Trátase dunha escolma dos seus discursos, como proba fidedigna da súa maxistral capacidade oratoria ao longo de toda a súa vida, (...). Este volume contén, pois, unha mostra desta súa dimensión, que o fai continuador da mestría de grandes oradores como o seu admirado Ramón Otero Pedraio.” (María Pilar García Negro: Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións, 2020)
“É difícil analisar a oratoria de Carvalho porque para iso precisariamos de ter gravados boa parte dos seus discursos; mais o que existe é suficiente para o podermos considerar un dos últimos oradores que tivo a nosa vida pública, nunha cultura que cada vez substitúe máis a maxia da palabra pola confusión e profusión da imaxe.” (Francisco Salinas Portugal: Voz e silencio. Entrevista con Ricardo Carvalho Calero, 2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.