orangután

Mono parecido ao home, de gran tamaño, longos guechos de pelo groso e extremidades anteriores máis longas ca as posteriores, que vive nas illas de Sumatra e Xava

Etimoloxía

Vocábulo resultado da adaptación do malaio orang ‘home’ e hūtan 'bosque', o ‘home dos bosques’.

Exemplos *

“Polo de agora o club de animais que manexan o concepto de "eu" e que por tanto posúen autoconsciencia ten un carácter exclusivo, xa que está formado unicamente por un grupo de primates _os simios: chimpancés, bonobos, gorilas e orangutáns_ , polos elefantes e polos golfiños _ en concreto o arroaz.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

“O orangután anda só pola selva e non quere saber nada dos seus colegas. Nin un café, nin unha partida de cartas, nin unha rexouba... As abellas, pola contra, necesitan a vida da colmea: os traballos colectivos, os comentarios, os rumores _que se a raíña, que se o mel, que se as flores, que se a xelea real...” (Irene Pérez Pintos: Etiqueta para todos/as. 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.