Chuvia miúda
Etimoloxía
Palabra que deriva de “orballo”, termo de orixe incerta.
Exemplos *
“Xente que vai polos sendeiros ós muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, (...), orballeiras sobre os arboredos mestos, rúas de vellas cidades, soidades de esquecidos mosteiros.” (María López Sandez: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)
“O desengano veloulle a cara cunha sombra de rabia e esa sensación de desvalimento acentuouse coa orballeira, anticipo do torbón, que lle arrastraba polas meixelas a espuma de barbear.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / O bolero traballa como un soño, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.