Chuvia miúda
Etimoloxía
De orixe incerta.
Exemplos *
“Zigzaguearon durante semanas as correntes de aire, demorando horas en aterrar no chan, sen apuro, como gotas de orballo de outono que rexeitan a invernía, exhaustas na etapa final da última das migracións.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)
“Foi o consolo que me quedou despois de saír de alí, mentres atravesaba, encarapuchado e sen paraugas, unha Quintana varrida polo orballo e polas desacougantes rachas de vento da invernía compostelá.” (Damián Villalaín: Teatro imprevisto [prólogo], 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


