órbita

Curva cerrada descrita por todo corpo celeste que gravita arredor doutro.

Etimoloxía

Desde o latín orbita, –ae que significaba entre outras cousas 'circuíto', pero tamén 'rodeira' e 'pegada'.

Exemplos *

"Que os planetas caídos serán pendurados como simples satélites, privados de toda luz ou órbita cara ao mundo" (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)

"Ganimedes alongárase de pronto ata a órbita de Xúpiter, e xa non era un fermoso efebo troiano, senón inerte lúa entre nubes de metano e amoníaco." (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.