orde

Categoría taxonómica entre clase e familia.

Etimoloxía

Chegou desde o latín ordo, ordinis 'fila', 'clase' ou 'orde'.

Exemplos *

"… marmotas que, por outra banda, son mamíferos da orde dos roedores, da familia dos Sáuridas e que teñen por costume furar galerías onde viven e pasan o tempo frío …" (Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote)

"… colocar aos cetáceos moi próximos os artiodáctilos, a orde de mamíferos a que pertencen as vacas, os cervos, os porcos ou os camelos." (Alberto Cifuentes: Galicia Hoxe 23-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.