Parte externa do órgano do oído dos mamíferos, situada a ambos os lados da cabeza.
Etimoloxía
A denominación en latín era auris, -is, pero a nosa forma tomouse do que era un diminutivo, auricula, -ae, que acabou por substituír a palabra orixinal.
Exemplos *
"-Parece ser que desapareceron algunhas bicicletas -empezou a dicir Amelia, a taberneira, unha muller de ollos bravos e con tres pendentes de aro en cada orella." (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)
"Medrábanlle pelos, coma herbas de sombra, nos buracos do nariz e das orellas." (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.