orella

Doce típico do Entroido, feito cunha masa de fariña, ovos, anís etc., á que se lle dá unha forma parecida á da orella.

Etimoloxía

A forma galega procede de auricula, -ae, que en latín era un diminutivo de auris, -is.

Exemplos *

"Estaban boas as orellas de entroido que trouxera Sor Benita." (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de Crepúsculo)

"… organizaron para esta tarde noite numerosas festas nas que os protagonistas serán os imaxinativos disfraces da xente, as filloas e as orellas …" (O Correo Galego 24-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.