Grupo ou sociedade de canto coral.
Etimoloxía
Chegounos do francés orphéon, termo que se creara partindo no nome de Orfeo, músico célebre da mitoloxía grega.
Exemplos *
"En 1872 fúndase o orfeón Ecos de Galicia, e en 1878 xorde no ámbito cubano a prensa galega …" (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)
"Este compositor nacionalista, organista, mestre de orfeóns, director de bandas de música, desenvolve unha febril actividade que o consagra como a culminación da música galega de tódolos tempos." (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego 23-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.