orfo, -a

Que sendo menor de idade perdeu a seus pais ou a un deles

Etimoloxía

Denominación que bebe do latín tardío orphanus, e esta palabra do grego orphanós ‘privado de’.

Exemplos *

“Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar. / Tes, en cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos / e fillos que non tén pais.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

“Carlos seguiría sendo o seu irmán e agora ambos quedaban orfos, pero el máis orfo ca ela.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.