Músico que toca o órgano.
Etimoloxía
Termo que deriva do substantivo órgano que chegaría desde o latín organum, –i 'instrumento' que viría do grego órganon 'instrumento', pero tamén 'órgano fisiolóxico'.
Exemplos *
"Ao organista de Iria, un músico vello de enterros e festas, bo bebedor, forte, roxo, de moita sona en toda a terra de Padrón, viráraselle o sentido." (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)
"Traballou como músico de cámara e organista na corte." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.