órgano

Parte delimitada dun ser vivo que cumpre unha función particular

Etimoloxía

Termo que chega desde o latín orgănum, e este bebe do grego órganon ‘aquilo co que se traballa’, 'ferramenta'.

Exemplos *

“Con esta ferramenta o que se trata de evitar son erros de diagnóstico (...). A dobre comprobación é importante en casos como as demencias, nas que a análises dunha e doutra parte do cerebro non teñen por que revelar anomalías que si se detectan cando se poñen fronte as dun órgano sen doenzas.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2015)

“O caso é que ao padecer o seu irmán unha morte cerebral os seus outros órganos vitais, os de Eng, podían seguir funcionando perfectamente. Eng comprendeu que viviría pegado a un cadáver e morreu de medo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.