orixe

Primeira fase do desenvolvemento dunha cousa, dunha acción ou dunha serie de feitos / O que explica a aparición ou a existencia de algo

Etimoloxía

Termo que bebe directamente do latino origo, -inis que significa ‘orixe’, ‘causa’ ou ‘estirpe’.

Exemplos *

“A súa orixe remóntase á Paz de Westfalia (1648), asinada para rematar coas terríbeis guerras relixiosas que arrasaran Europa durante os trinta anos anteriores. Desde entón, o Estado moderno foise asentando como dono absoluto do seu territorio e das relacións cos outros Estados.” (Enrique Sáez Ponte: A liberdade no século XXI, 2017)

“Lembrei ao instante a orixe daqueles dous versos. Moitos anos antes estivera en Collioure, onde depositara unhas flores no sartego de Antonio Machado, o mesmo que fixera na mesma viaxe ao cemiterio do Espino, en Soria, onde descansa Leonor Izquierdo.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.