orixinal

Texto primeiro, escrito á man ou á máquina, do que se fan reproducións

Etimoloxía

Voz que nos chega desde a latina originālis de significado similar.

Exemplos *

“Custábame entender un roubo así, agás que se tratase dos Manuscritos do Mar Morto ou dunha primeira edición do Quixote en arameo. Sempre sen desmerecer, pero o orixinal de Cabanillas tiña o valor sentimental que tiña dentro das nosas fronteiras, fóra delas a circunstancia era outra.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

“−¿Déronlle un premio?

−Non, non. Seica roubaron os orixinais de Xacer aquí na editorial. O silencio prolongouse coma un monte de dunas sobre o horizonte.” (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.