ornear

Burro dar berros ou emitir a súa voz

Etimoloxía

Voz onomatopea.

Exemplos *

“Os entroideiros xa chegaran ó lugar e montaron o burro na Laxe do Bello, mesmo alí na entrada do lugar. Manuel, nada máis poñer a cabeza do animal sobre os seus ombreiros, empezou a ornear.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

“Afortunadamente na noite só o olor e os ruídos esporádicos dos animais recordan o que realmente hai aí abaixo. Durante o día a única vantaxe é que hai menos roncares. Semellan unha convención de burros todos a ornear.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.