Grupo de músicos que se reúnen para tocar
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín orchestra, pero que viña do grego orkhéstra 'espazo onde estaba o coro'.
Exemplos *
“Ben, moi ben. Alá é todo tan diferente! Os bailes, por exemplo, son en salóns cheos de luz e con orquestra. Non con luz de gas e con pandeiretas coma aquí.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)
“Así que se traían polo menos un par de orquestras á aldea que tocaban sen parar durante unha soa noite.” (Fátima Peón Torres: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011 / Miserere, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


