Planta herbácea da familia das urticáceas da que existen varias especies, de talo e follas cubertos de pelos urticantes e flores en acio, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas.
Etimoloxía
Evolucionou desde o latín urtica –ae.
Exemplos *
“En realidade soubo que estaba a piques de saír porque divisou a Buffana, sempre presente coma unha ortiga, coma unha lesma húmida e grimosa desas que se pegan á pel.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)
“A pontella estaba subida e o luar alumeaba os mármores e granitos dun pequeno cemiterio, que, do outro lado do foso, daba acollida a unhas tristes ortigas e a uns pelados alciprestes.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.