Forma correcta de escribir as palabras dunha lingua segundo unhas regras determinadas.
Etimoloxía
Procede do grego orthographia, onde orto– significa 'correcto' e –grafo 'escribir' e daquela sería o 'xeito de escribir correctamente'. O máis seguro é que chegase a nós desde o latín.
Exemplos *
"No papeliño, con inicua ortografía, explicábase que era un presente da familia Santiso." (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)
"As anotacións escritas e os círculos sinalando as faltas de ortografía lémbranlle a mañá na que o viñeron buscar." (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.