peón

Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel

Etimoloxía

Termo que procede do latín pedone de significado semellante.

Exemplos *

“Entón fun abrindo paso entre os outros nenos e situeime ao seu carón. Meu pai fixérame, por fin, o peón de buxo que tantas veces lle pedira. Marcos e mais eu lanzamos ao mesmo tempo os nosos peóns, con tal habelencia que non tardaron en se durmir.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Non hai moito polo San Martiño saíamos ás rúas a bailar o peón e nunha xeración desapareceu.” (Antón Escudero: Sermos Galiza [entrevista a Antón Cortizas], 9-1-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.