Mamífero carnívoro plantígrado da familia dos úrsidos, de gran tamaño, pelo abundante e mesto, orellas curtas e fociño longo, do que existen diversas especies.
Etimoloxía
Chegounos do nome deste animal en latín, ursus, -i.
Exemplos *
"Calquera diría que acumulan graxas para o letargo invernal, coma os osos." (Xosé Miranda: A biblioteca da iguana)
"O oso cando sae do seu refuxio, o 2 de febreiro (primeiro día posible do martes de carnaval), observa a lúa e regula a súa conduta segundo o aspecto daquela." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.