oso pardo

Especie de oso de gran tamaño, con pelo de cor parda

Etimoloxía

Frase formada polo termo “oso” que nos leva ao latín ursus de significado semellante e o adxectivo “pardo” do latín pardus ‘leopardo’ e a súa cor.

Exemplos *

“Tratábase dunha caveira grande, case do tamaño da dun oso pardo, mais polos seus trazos estaba a medio camiño entre o simio e o canino, por non dicir que tiña un aquel, non sei en que aspecto, que lembraba excesivamente ao ser humano, só que máis grande e brutal.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)

“As montañas occidentais de Galicia son “moi óptimas” para o oso pardo e tanto Os Ancares como O Courel teñen unha presenza constatada deste animal.” (Laura Filloy: gCiencia, 28-8-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.