otite

Inflamación do oído.

Etimoloxía

Palabra composta de ot- que vén do grego ous, –otós 'oído' e o sufixo -ite 'inflamación'.

Exemplos *

"Fernando Alonso (Renault) rodou pouco para recuperarse da súa otite e poder estar en forma o domingo." (Galicia hoxe 04-04-2009)

"A moi lista colleu unha baixa por esgotamento, como se ela puidera estar esgotada de algo e eu cando tiven aquela otite tiven que ir traballar con febre e todo." (Conchi Regueiro: Tempos agradables)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.