ouca

Ser vivo unicelular ou pluricelular, tradicionalmente incluído dentro do reino vexetal e hoxe considerado como constituínte, xunto cos protozoos, dun reino á parte, que se caracteriza por vivir na auga, tanto doce coma salgada, e por ter clorofila

Etimoloxía

Palabra patrimonial procedente do equivalente latino alga de significado semellante

Exemplos *

“Aló os mariñeiros ao seu carón arranxan as redes coas fazulas amarfañadas polas longas singraduras no mar, recibindo o arrecendo a panocha, maruxía e oucas.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

“Días e días pasaba en ás do vento, e baixo dela as augas cambiaban do azul ó verde e novamente ó azul, e ó pardo das algas, oucas, corromeiro, calocas, xebras, argazo, correas, marlotas.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrá, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.