ourego

Herba olorosa perenne da familia das labiadas, de follas pequenas ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento

Etimoloxía

Procede do equivalente grego oríganon que entra a través do latín origanu e conserva o significado actual.

Exemplos *

“Pola contra, o romeu e o ourego, que poden ser utilizados na súa forma desodorizada, exercen a súa acción sen modificar practicamente as propiedades sensoriais da carne ou do elaborado cárnico. (Pedro Roncalés Rabinal: Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais, 2010)

“Quería dicirlle que ía solucionarse todo, que non se preocupara máis por Gabriel; pero non estaba segura do resultado da miña misión, así que calei e boteille un pouco máis de ourego aos espaguetes do meu prato”. (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.