Arte de traballar os metais preciosos para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto, útiles para as casas nobres etc.
Etimoloxía
Vocábulo derivado que se forma sobre “ourive” que procede do latín aurificem ‘o que traballa o ouro’.
Exemplos *
“As ourives galegas souberon conservar a tradición, introducindo nela un aire vangardista e innovador, que está a levar a ourivaría galega á moda máis actual.” (Alba Regueiro: Nós Diario, 9-8-2024)
“Alí había unha daga cuxa empuñadura é, segundo os expertos que a tiveron entre as mans, "unha verdadeira xoia de ourivaría tardorromana".” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


