Gran cantidade de ourizos
Etimoloxía
Palabra creada sobre o vocábulo “ourizo” que viña da denominación latina ericlus ‘ourizo’.
Exemplos *
“(...)«cando se abalaban os castiñeiros, se facía unha ourizada, e ademais das da época se deixaban castañas para Nadal e Reis, e se vendían as pilongas».” (O.P. Arca: La Voz de Galicia, 26-9-2014)
“E estaba á espreita. Deixounos facer unha boa ourizada, e que amorearan as castañas. E cando xa tiñan o traballo feito, apareceu el, en sotana, inmenso, como se arrastrara a boca da noite. A tronar. ¡Unha vez ladróns, ladróns sempre!” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.