ourizo cacho

Pequeno mamífero da familia dos erinaceidos, co lombo e os lados cubertos de espiñas, lento no andar, e que se alimenta de insectos

Etimoloxía

Locución formada por “ourizo” desde o latín ericius, ‘ourizo’ e “cacho” do latín caccabu ‘ola’.

Exemplos *

“Víbora, señora de todas as cobras, respectada por todas as criaturas. Claro que sempre hai excepcións, coma a do ourizo cacho, que se bate cunha, encantado a papa.” (Pepe Salvatores: Cerna, outubro 2008)

“Outros foron levados con intención de controlar pragas de insectos e réptiles, unha explicación da presenza do ourizo cacho, ou ben con fins cinexéticos, o coello bravo. Intentos similares, que non prosperaron, foron os realizados co xabaril na Illa de Ons.” (Juan Ignacio Díaz d'a Silva e Yosy Cartelle: Guía dos mamíferos de Galicia, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.