Pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe na latina altarium que nos leva a altus ‘alto’.
Exemplos *
“A escola quedaba a tres quilómetros da casa. Había que subir ata o outeiro maior e logo seguir a beira do río ata chegar á presa, onde eu, para atallar, gapeaba por un pequeno muro de pedra e chimpaba ata o prado contiguo...” (Llerena Perozo Porteiro: Os anos tranquilos, 2024)
“Comezaran xusto no verán en que ambos remataran na Escola de Mestre Mateo. Toda unha década de sácame guapa! Ata que un día, que agora lle parece un mal chiste, subira a un outeiro e puño en alto berrara aquilo de a Deus poño por testemuña que nunca máis volverei facer unha voda na miña condenada vida.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


