outonada

Tempo do outono // Conxunto de colleitas que se recollen neste tempo

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o termo “outono” que vén do latín  autumnus de significado semellante.

Exemplos *

“O verán esmorecía e a Natureza daba os primeiros sinais de estremecemento ante a inminente outonada. Os días eran xa moito máis curtos e a Illa volvía a ser a de sempre.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“A forza dos traballos ía de abril a novembro, coa bota e sacha de millo e liño, as segas e as sementeiras dos nabos nas terras das que se quitara o pan, coa recolleita do millo e a outonada, nas mesmas labranzas, do centeo e trigo.” (Pegerto Saavedra: A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.