outonía

Tempo de outono.

Etimoloxía

Deriva de outono, e este á súa vez procede do latín autumnus ou autumum 'outono'.

Exemplos *

"As follas da outonía, os zapatos da vella, as badaladas serodias da campá de cada tarde… e o señor Xosé -Rei-, que xa foi e xa veu, e aínda pican a morto." (Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes: Morrer en Vilaquinte)

"Nunca vira eu un día tan gris pola ventá do cuarto que daba ao sur, onde unha cerdeira perdía xa as follas anunciando a outonía e a parra contiña varios acios dunha uva mala que ano tras ano ían comendo os gatos." (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.