outono

Estación do ano que segue ao verán e que comeza o 22 ou 23 de setembro e remata o 22 ou o 23 de decembro

Etimoloxía

Voz que bebe do vocábulo latino autumnu ‘tempo de outono’.

Exemplos *

“Agora que xa chegaron as esperadas choivas, que o outono é xa de verdade outono, é posible que o plan do que máis gana teñas esta finde sexa ese clásico de sofá, mantiña e libro ou peli ou serie. Non imos dicir que ese sexa un mal plan.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 10-2017)

“A paisaxe dourada ía deixando paso ao ton avermellado dos bosques da Patagonia case sen un decatarse, na metade daquel cálido outono austral. Era moi fermoso, espectacular, e Marcelo relembrou as paisaxes do outono unha vez que fora de excursión cos cativos da catequese ás Fragas do Eume.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.