ouvear

Can, lobo e outros animais emiten ouveos

Etimoloxía

Voz onomatopea.

Exemplos *

“Ós poucos minutos, a Tula — a cadela de Miguel — botouse a ouvear no medio do quinteiro co fociño dirixido cara ó ceo e cuns ollos tristes.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996)

“O sol antes repousará un anaco na pena do Lobo, esperando a que a pedra queza. Entón, o lobicán brinca ao seu estrado para ouvear os bos días aos veciños mentres o raposo, larpeiro, anda con pés de la preto das casas, tramando das súas.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.