ouveo

Ruído xordo e continuado do vento ao soprar / Voz queixosa e prolongada, que emiten o lobo e outros animais

Etimoloxía

Palabra que se forma desde o verbo “ouvear”, vocábulo que xorde da imitación da voz dalgúns animais.

Exemplos *

“Da luz intensa e implacable ao gris frío e húmido, do silencio da inmensidade dourada ao retumbar dos tronos e o ouveo do vento. Plantaron o xermolo na primavera e frutifiquei no inverno, no medio dunha galerna.” (Yashmina Shawki: Luzes, 10-2014)

“Antes (...) coñecera os segredos do mel e do ouveo do vento da noite, e o picor das estrugas, e o canto imposible das ulmeiras e o cáncaro e a orquídea e os bicos do leirón nas noites de lúa e os aloumiños das uñas dun tigre perdido entre as luces tenues do solpor.” (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.