ovella

Mamífero ruminante de tamaño medio da familia dos bóvidos, que ten o corpo cuberto de la

Etimoloxía

Nome que procede do latino ovicula ‘ovella pequena’

Exemplos *

“É a filla dos criados. Naceu como Cristo, na corte, cos bois e cunha ovella no canto do burro, pero pró caso nun belén.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / 3. Adversum galaicos, 2011)

“Non era raro cruzarse con grandes rabaños de cabras e ovellas pastoreadas por veciños dalgunha das aldeas próximas, como tampouco o era ver as mulleres, sobre todo elas, traballando os campos, recollendo os froitos, mentres os homes realizaban outros labores como arar as terras, cortar e apañar leña para o inverno.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.