Corpo que contén a célula ovo e as substancias necesarias para a súa nutrición durante o período de incubación
Etimoloxía
Voz que remite á latina ovum.
Exemplos *
“Os señores falaron de que morrera un papa, pero a elas non lles ía moito o asunto, xa non tiñan ganas nin de ir á igrexa, e o cura só viña pola súa casa unha vez ao ano, a recoller os ovos da Pascua.” (J.A. Xesteira: Contos de familia, 2005)
“Os ovos de pascua dos postos ambulantes observaron abraiados o silencio de Minia e o desacougo oratorio daquel. Ela sorriu sen parar con aqueles seus luceiros de herba primaveral espetados no home que non deixaba de a falar.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


