Exclamación que expresa o desexo de que se cumpra algo
Etimoloxía
Adaptación ao galego do árabe hispánico law šá lláh 'se Deus quere'.
Exemplos *
“Galeusca era un espellismo, desde logo en ollada transatlántica, e oxalá as aínda moitas horas de condución rumbo oeste axudasen a inspirar unha resposta convincente a tan elementais dilemas do ser galaico.” (Gabriel Rei-Doval: Galicia Confidencial, 5-5-2019)
“Deli senta no cuarto da costura. Desenchufou o teléfono, apagou o móbil e oxalá puidese apagar o seu propio cerebro, mais non dá.” (María Reimóndez: A dúbida, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


