Gas de cor azul e cheiro característico, abundante nas capas altas da atmosfera.
Etimoloxía
Parece que o tomamos do alemán, pero a súa orixe está no grego ózon, -ontos 'que recende'.
Exemplos *
"… peor había de ser guindar plásticos e botes desodorizantes e outros despoxos non orgánicos e altamente contaminantes ou daniños para a coitadiña capa de ozono." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
"En occidente a cantidade de ozono troposférico aumentou un 60% nos últimos trinta anos, mentres que o "bo ozono", o estratosférico, estase destruíndo perigosamente." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.