pabea

Conxunto formado pola espiga e a palla dos cereais, antes de segalos // Conxunto de herba, cereais etc., segados, antes de seren atados en monllos

Etimoloxía

Voz que procede da latina pabulu(m) ‘forraxe’.

Exemplos *

“¡Ai, o arrandeo / e o mol bambeo / dunha pabea / de avea / no suco da restreba!” (Aquilino Iglesias Alvariño: De día a día. Poesía, 1960)

“¡Lóstrobos enroscados das fouciñas / e voces grandes coma a de meu pai! / Ruxir aceso das pabeas, hoxe / praias do vento.” (Xosé María Díaz Castro: Nimbos, 1961)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.