pabío

Cordón ou trenza de fíos de algodón ou de liño retorcidos da candea ou do candil / Extremo superior queimado desta mecha

Etimoloxía

Termo que nos chega do latín vulgar papylum ‘papiro, planta co se elaboraba as mechas’.

Exemplos *

“Vas alí , prendes un pabío dun dos cirios que alí hai e vas ver como algo pasa .” (Francisco Xosé Fernández Naval: Tempo de Crepúsculo, 1993)

“Todo de diferentes formas e tamaños. As materias primas que empregaban estes cereiros eran a cera das abellas para as candeas, exvotos e a mecha (pabío) feita de fío espeso de algodón fervido trenzado.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.