paciencia

Calidade de quen realiza unha actividade que lle pode resultar molesta sen desanimarse ou desesperarse

Etimoloxía

Chega desde o latín patientia ‘constancia’ que vén do verbo patior ‘soportar’.

Exemplos *

“Ás veces paréceme que perde a paciencia comigo porque quero saber cousas da súa vida...” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“Quizais a miña relación coa historia estivese nalgún deses nomes. Fixen acopio de paciencia, e decidín lelos todos.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.