paciente

Persoa que é obxecto dun exame ou dun tratamento médico

Etimoloxía

Cultismo formado sobre o latín patiens, -entis, ‘que soporta’.

Exemplos *

“O paciente comía pouco e respiraba con dificultade pero aínda se axudaba pra virar na cama, angueira na que cooperaba sen moito xeito ("Sácame este cabalo de enriba", pedíame o pai) certa auxiliante de enfermería ben entaboada.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

“O paciente, de nome Manuel Tortoreos Dasilva, coñecido por todos como Rafaé, parece máis preocupado polos datos de filiación que pola enfermidade.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.